Anxo Fernández / Dirección

Anxo Fernández

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Anxo Fernández
Anxo Fernández
Dirección
Nome completo: Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 361 Anxo Fernández Rodríguez
Lugo 1961   



Traballou por conta propia para diversas produtoras asumindo tarefas de guión, realización e produción de diversos spots e videos promocionais en Betacam Dixital. Na actualidade desempeña todos estas tarefas para a súa propia compañía, realizando tamén longametraxes, curtas e documentais. Cofundou o Grupo Cinematográfico Xuvenil de Fonmiñá en Lugo e colaborou con diversas curtametraxes do grupo “Punto de Mira” na mesma cidade, na que tamén promoveu os grupos de teatro Girena e Sollegna.

Formación específica: En 1979 realizou o Curso de Dirección de Cine en 35 mm no Instituto de Cine de Madrid. A mesma materia estudouna nun curso da Escola da Generalitat de Barcelona. Tamén en Cataluña, en concreto en Tarragona, desenvolveu un curso de monitor de cine para menores. No Stage Nacional de Cine de Oviedo en 1980 acudiu ao curso de dirección de cine en 35 mm de Ricardo Franco, Jaime Chávarri, Gonzalo Suárez e Luis G. Berlanga. Tamén ao curso de guión cinematográfico no mesmo stage, con Jaime de Armiñán e Mario Camus, e ao curso de montaxe de Teo Escamilla. En 1999 estudou dobraxe ao galego con Anxos Ferradáns en Santiago de Compostela. En 2003 formouse como técnico en produción de programas de TV no Instituto do Cine de Madrid. Acudiu ás Xornadas Cine frente a Video, no CGAI na Coruña. Cursou realización en TV polo FOREM, na Facultade de Xornalismo de Santiago.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Anxo Fernández (63)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org